Marta Mariño Mexuto é graduada en Estudos Clásicos pola Universidad de Valladolid. Posúe un Máster en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidad de Salamanca e outro en Formación de Profesorado pola Universidade da Coruña. Obtivo o título de doutora en 2021 pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese titulada “A reescritura do mito na novelística de materia clásica de Álvaro Cunqueiro” e dirixida pola Dra. Helena de Carlos. Na actualidade traballa como investigadora posdoutoral na Universidade da Coruña, onde tamén imparte docencia na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa. Coruña. No terreo da tradución (e dentro do proxecto de investigación “Políticas desde o Inferno. Sátira e polémica relixiosa e política na Europa do Renacemento”), verteu ao castelán dous diálogos latinos de Leon Battista Alberti, dos cales un delos, “El difunto”, foi obxecto dunha lectura dramatizada na escola de arte dramática Casa Hamlet, daCoruña, en 2023.
Enlace ao Portal de Investigación da USC: https://investigacion.usc.gal/investigadores/186127/detalle