SÍNCRISIS – GRUPO DE INVESTIGACIÓN

Kátaba. Colección de Estudos Medievais

Kátaba nace coa vontade de ser unha colección destinada a un público amplo e internacional, pertencente non só á comunidade académica, senón tamén á dos aficionados ao tempo e á cultura medievais. O seu obxectivo é publicar obras, tanto orixinais como traducidas, relacionadas coa Idade Media, entendida esta no seu sentido primario de abano cronolóxico, pero tamén como campo de estudos no que converxen disciplinas tradicionalmente encadradas nos ámbitos da Arqueoloxía, da Historia, da Historia da Arte e da Filoloxía. Kátaba publicará textos escritos en calquera das linguas de uso na comunidade académica (galego, castelán, francés, inglés, italiano, portugués). O seu medio será primordialmente electrónico e de acceso aberto (licenza Creative Commons), aínda que existirá tamén versión impresa de cada obra. Comezou a editar no ano 2025 e non pretende ter unha periodicidade predeterminada, malia que aspira a publicar cando menos unha obra por ano.
O formato e o sentido das obras que Kátaba pretende publicar é amplo. Pódese tratar de obras colectivas a cargo dun/ha editor/a académico/a, ou de monografías de autoría única. Como se sinala, as obras poden ter un carácter marcadamente académico ou máis divulgativo, sen deixar de contemplar as de pretensión eminentemente didáctica ou docente, sempre en cando se constitúan en síntese arredor dun tema.
A colección Kátaba constará de dous comités editoriais, un de redacción e outro científico. O comité de redacción está formado polos seguintes membros, todos eles pertencentes
ao grupo de investigación SÍNCRISIS, da Universidade de Santiago de Compostela

Vol.1 Simon Doubleday: O Rei Sabio. Un principe cristián, a Iberia musulmá e as orixes do Renacemento. Versión galega revisada. Tradución de Miguel Giadás Quintela.

Directora:
Helena de Carlos Villamarín
Secretaria:
Brianda Otero Moreira
Membros:
José Miguel Andrade Cernadas
Mariña Bermúdez Beloso
Fátima Díez Platas
Miguel Giadás Quintela
Mario Pereiro Fernández
Francisco Prado Vilar
Rocío Sánchez Ameijerias
Xosé M. Sánchez Sánchez

O seu cometido será a recepción de orixinais, unha primeira avaliación sobre a viabilidade da súa publicación e, no caso de que exista un informe positivo a tal respecto, a escolla de dúas persoas avaliadoras de carácter internacional, especialistas no ámbito de coñecemento da obra proposta, para que lean, consideren e comenten a obra. Esta avaliación substéntase no anonimato do proceso. O comité editorial terá en consideración os xuízos deste comité científico para continuar o proceso de publicación.

Comité científico:

Janna Bianchini (University of Maryland, College Park)
Maria Joao Branco (Universidade Nova de Lisboa)
Lucia Castaldi (Università degli Studi di Udine)
Laura Fernández Fernández (Universidad Complutense de Madrid)
Marta Lacomba (Université Bordeaux Montaigne)
Jacqueline Leclerq-Marx (Université Libre de Bruxelles)
Carlos Tejerizo García (Universidad de Salamanca)
Rose Walker (Courtauld Institute)
Aengus Ward (University of Birmingham)
Katharina Winckler (Università degli Studi di Trento)