SINCRISIS - Grupo de Investigación Investigación en formas culturais.
Síncrisis é unha palabra do grego antigo (σύγκρισις) que significa “comparación”, e define os obxectivos do grupo como un esforzo por trazar vínculos entre as formas culturais dos distintos períodos históricos a través de disciplinas diversas como a filoloxía, a historia, a arqueoloxía ou a historia da arte.
SÍNCRISIS – Grupo de Investigación
Presentación xeral do grupo.

Acolle tres liñas principais de investigación: os estudos medievais, as humanidades dixitais e o estudo do mundo clásico.
Fundouse en decembro de 2004 e ao longo destes máis de vinte anos formaron parte del máis de 40 investigadores, moitos deles tras obter contratos en convocatorias públicas competitivas (RyC, JdC, posdoc Xunta, investigadores distinguidos). Actualmente intégrano 17 membros, aos que se engaden 9 investigadores en formación. No seu seo defendéronse 40 teses doutorais e viron a luz máis de 700 publicacións.
SÍNCRISIS – Grupo de Investigación
Congresos e Seminarios
Seminario de investigación “Abordando as paisaxes altomedievais altomedievais. Novas olladas para vellas realidades”
Seminario de Investigación celebrado na Sala de profesorado, Facultade de Xeografía e Historia entre o 16 e 17 de outubro de 2025
Epigrafía dixital: CONSERVAR, INVESTIGAR E DIFUNDIR
Evento celebrado na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela entre o 17-18 de xuño de 2025.
SÍNCRISIS – Grupo de Investigación
Actualidade e novas
CALENDARIO DE COLOQUIOS
CALENDARIO DE COLOQUIOS con financiación de Síncrisis FEBREIRO Wokshop: ¿ideologías en conflicto en la República romana? (6-7 febrero) MARZO Congreso: Ganimedes. Asociación de investigadores noveles