(Santiago de Compostela, 2000) Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2023) e con Máster en Estudos Medievais Europeos (2024) cursado na mesma institución. En 2025 cursa o Máster en Formación do Profesorado en Educación Secundaria na Universidad Internacional de Valencia. En dito ano comeza estudos de doutoramento, baixo a dirección de Xosé M. Sánchez Sánchez, cun proxecto que leva por título “Introdución e desenvolvemento da Inquisición nos reinos peninsulares durante a Idade Media. 1184-1478″. No marco desta investigación gaña o premio no certame da EDIUS ‘Three Minute Thesis’ na categoría de Humanidades. Os seus campos de interese céntranse na historia da Inquisición, aínda que tamén se estenden a elementos como a superstición, a bruxería ou a administración de xustiza e o tormento na Biaxa Idade Media.