Son Catedrático de Historia Antiga no Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. A miña formación como investigador desenvolveuse, ademais de na USC, no “Centre Louis Gernet” de París, durante a miña etapa predoutoral, e no Laboratoire “Archéologie et Sciences de l’Antiquité” de la Maison de l’Archéologie et l’Éthnologie René Ginouvès da Université de Nanterre-París X, como investigador postdoutoral. A miña investigación, caracterizada por levar a cabo unha aproximación antropolóxica ao estudo das sociedades antigas e protohistóricas, vense plasmando en varias decenas de traballos, entre libros, capítulos de libros e artigos, publicados tanto en España como no estranxeiro, así como a través da miña participación, tanto como investigador principal ou como membro do equipo investigador, en case dúas decenas de proxectos nacionais e autonómicos. Podedes atopar máis información sobre as miñas publicacións en:
FRANCISCO JAVIER GONZÁLEZ GARCÍA | University of Santiago de Compostela – Academia.edu
Francisco Javier González García – Dialnet (unirioja.es)
https://www.researchgate.net/profile/Francisco-Gonzalez-Garcia-2
Google académico: https://scholar.google.es/citations?hl=es&user=kP16DMoAAAAJ
Enlace ao portal de investigación da USC
https://investigacion.usc.gal/investigadores/59224/detalle
Grupo de investigación ao que pertence:
Síncrisis. Investigación en Formas Culturais
Instituto de Humanidades USC (IHUS)