top of page

Tese de doutoramento de Marcos Fernández Ferreiro



Marcos Fernandez Ferreiro ven de defender o pasado 19 de xullo a súa tese de doutoramento titulada, O estatus servil na alta Idade Media. Escravitude e servidume na sociedade galego-portuguesa (séculos IX-XII). Este traballo de investigación foi dirixido polo Profesor Titular de Historia Medieval, Jose Miguel Andrade Cernadas no eido da Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS).


O tribunal estivo integrado pola profa. Wendy Davies (University College London), como presidenta; o prof. Juan José Larrea Conde (UPV), como vogal; e o prof. José Carlos Sánchez Pardo (USC) como secretario.


¡Os nosos parabéns!

 
 
 

Comments


bottom of page