top of page

IV Seminario de iniciación á investigación: Profa. Ana Iriarte Goñi



A profa. Ana Iriarte Goñi, Catedrática de Historia Antigua na Universidad del País Vasco, imparte vía Teams a conferencia El tejido y el verbo femenino en las fuentes literarias de la Grecia antigua, no eido do IV Seminario de Investigación do grupo Síncrisis.

A conferencia complementaria irá a cargo de Vanesa Mariño Calvo, co título Modos de expresividad femenina en el contexto de la Antigua Grecia. Una aproximación al arte de la tejeduría y sus connotaciones metafóricas.

Esta sexta sesión do seminario, que terá lugar na AULA 13 da Facultade de Xeografía e Historia (USC), o xoves, 17 de xuño ás 11:30h., estará moderada polo profesor Javier González García.


O aforo será limitado a 23 persoas, suxeito ás medidas COVID. A admisión é por estricta orde de recepción de solicitudes enviadas a pedro.barjadequiroga@usc.es

O seminario poderá ser seguido a través desta reunión en Microsoft Teams.


O IV Seminario de Investigación do grupo Síncrisis é un curso presencial de 20 horas, organizado no eido do Programa de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte e do Grupo de Investigación GI 1919. Síncrisis. Investigación en formas culturais.

Esta actividade está integrada por 10 sesións, unha por mes, impartidas na Facultade de Xeografía & Historia da USC, entre setembro do 2020 e xuño do 2021. Serán impartidas preferentemente en castelán, e durarán entre 120 e 150 minutos cada unha.

As sesións de traballo están pensadas como un contraste entre un investigador senior (agás a primeira conferencia, inaugural do máster de Arqueoloxía...) e un investigador novo do grupo Síncrisis, arredor dunha temática similar. A idea é contrastar o traballo do novo cun experto diferente do seu director e logo recibir opinións tendentes á mellora do seu traballo de doutoramento. O obxectivo xeral é diversificar os xeitos de transmisión dos usos académicos entre diferentes clases de idade.

O curso está aprobado como actividade formativa de doutoramento pola COMISIÓN ACADÉMICA DO PROGRAMA DE DOUTORAMENTO de Xeografía, Historia e Historia da Arte, co recoñecemento de 1 crédito.

PARA ACADAR O RECOÑECEMENTO DO CRÉDITO O PERÍODO DE MATRÍCULA SERÁ DURANTE O MES DE SETEBRO, A TRAVÉS DA SECRETARIA VIRTUAL DA USC, ATA CUBRIR 25 PRAZAS.

TAMÉN PÓDESE ENVIAR UN CORREO ELECTRÓNICO A pedro.barjadequiroga@usc.es NON SE ACEPTARÁN INSCRICIÓNS NIN CORREOS DE CALQUERA TIPO QUE NON USEN AS DIRECCIÓNS OFICIAIS DE E-MAIL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

VERIFICARASE A ASISTENCIA. PERMITIRASE UN MÁXIMO DE DÚAS FALTAS SEN XUSTIFICACIÓN.

PARA OUTROS INTERESADOS A ASISTENCIA É LIBRE.



2021_IVSeminario_Grupo SINCRISIS_6 sesio
.
Download • 268KB






53 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Por fin podemos compartir el programa definitivo del XIV Congreso de la Sociedad Española de Ciencias de las Religiones, que tendrá lugar entre el 10 y el 12 de mayo de 2023 en Santiago de Compostela.