top of page

3er Seminario de Investigación do grupo Síncrisis. Curso 2019-2020


Se trata dun curso presencial de 20 horas, organizado no eido do Programa de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte e do Grupo de Investigación GI 1919. Síncrisis. Investigación en formas culturais.

Este 3er Seminario de Investigación do grupo Síncrisis está integrada por 10 sesións, unha por mes, impartidas la Sala de Profesores da Facultade de Xeografía & Historia da USC, entre o 19 de setembro do 2019 e o 12 de xuño do 2020. Serán impartidas preferentemente en castelán, e durarán entre 120 e 150 minutos cada unha.

As sesións de traballo están pensadas como un contraste entre un investigador senior (agás a primeira conferencia, inaugural do máster de Arqueoloxía...) e un investigador novo do grupo Síncrisis, arredor dunha temática similar. A idea é contrastar o traballo do novo cun experto diferente do seu director e logo recibir opinións tendentes á mellora do seu traballo de doutoramento. O obxectivo xeral é diversificar os xeitos de transmisión dos usos académicos entre diferentes clases de idade.

O curso está aprobado como actividade formativa de doutoramento pola COMISIÓN ACADÉMICA DO PROGRAMA DE DOUTORAMENTO de Xeografía, Historia e Historia da Arte, co recoñecemento de 1 crédito.

PARA ACADAR O RECOÑECEMENTO DO CRÉDITO O PERÍODO DE MATRÍCULA SERÁ DURANTE O MES DE SETEBRO, A TRAVÉS DA SECRETARIA VIRTUAL DA USC, ATA CUBRIR 25 PRAZAS.

TAMÉN PÓDESE ENVIAR UN CORREO ELECTRÓNICO A marco.garcia.quintela@usc.es NON SE ACEPTARÁN INSCRICIÓNS NIN CORREOS DE CALQUERA TIPO QUE NON USEN AS DIRECCIÓNS OFICIAIS DE E-MAIL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

VERIFICARASE A ASISTENCIA. PERMITIRASE UN MÁXIMO DE DÚAS FALTAS SEN XUSTIFICACIÓN.

PARA OUTROS INTERESADOS A ASISTENCIA É LIBRE.

Podedes descargar aquí o calendario en formato PDF.

87 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page