top of page
Marco V. García Quintela

As mulleres dos mortos. Investigadoras en esqueletos humanos (Santiago de Compostela, marzo-abril 20


As Mulleres dos mortos é unha actividade organizada dentro do marco da rede “Consiliencia” (ED43D2017/08) e levada a cabo pola nosas compañeiras de REDE, Olalla López Costas e Maria Loureiro. Trátase dun conxunto de conferencias cunha temática común: dar a coñecer a labor investigadora en esqueletos humanos de contextos arqueolóxicos e forense, á vez que vos introducimos na vida das mulleres que están a liderar estes avances.

As nosas poñentes son investigadoras de recoñecidísimo prestixio internacional que lideran empresas e grupos de investigación. Todas elas con moitos anos de experiencia e unha grande paixón polo que fan. Tratamos de mostrar o variado que son estos estudos na maneira de facelos pero tamén nos esqueletos analizados, dende as momias ao ADN, enfermidade, o traballo a pé de escavación ou os esqueletos dos nenos.

Temos a sortaza, ademáis, que nos inaugure a vicereitora de titulacións, unha muller cunha longa actividade investigadora, e nos clausure o decano de Bioloxía, que sempre apoia as nosas iniciativas. Qué mais se pode pedir! Estades invitados a participar nestas conferencias e mesmo se sodes alumnos dos programas de doutoramento de Historia ou de Medio Ambiente podedes levar créditos. Se queredes un documento acreditativo so fai falla anotarse en ES2USC@gmail.com .

Queremos que toda a xente de Santiago de Compostela encha a nosa sala para escoitar a estas magníficas compañeiras!!!
Máis información nesta ligazón.

32 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page