top of page

O Forte de Bragandelo en Extremo (Arcos de Valdevez, Portugal), unha ponte entre a fronteira do Miño


O 27 de xullo dabamos por rematada a primeira fase de intervención d proxecto “Conservação, Estudo, Valorização e Divulgação dos Fortes de Extremo”, que se desenvolveu ao longo do mes de xullo, e que se centrou na prospección do entorno dos mesmos, no levantamento con dron do Forte de Bragandelo e na realización de dúas sondaxes nese mesmo Forte. O proxecto coordinado polo Dr. Luís Fernando Oliveira Fontes, director da Unidade de Arqueologia da Universidade do Minho (UAUM), e dirixido por Rebeca Blanco-Rotea (Síncrisis, USC), contou cun equipo fomado por varios técnicos da UAUM (Paulo José Correia Bernardes, Mauricio Marques Guerreiro, Francisco José Silva de Andrade), alumnas de primeiro ano e alumnos do terceiro ano da UMinho.

Os Fortes de Extremo (Bragandelo e a Pererira) localízanse nun paso situado entre as Serras da Serra da Boalhosa e da Peneda, na vía de tránsito que comunica as vilas de Monção e Arcos de Valdevez. Estes fortes xogaron un papel importante nos episodios da Guerra da Restauração que tiveron lugar entre 1658 e 1662, momento no cal o exército español intenta penetrar cara ao interior de Portugal unha vez que ocupa Lapela e Monção e recupera Salvaterra.

O proxecto “Conservação, Estudo, Valorização e Divulgação dos Fortes de Extremo” centrábase este ano 2018 en coñecer a potencialidade arqueolóxica do sitio, de maneira que se puideran definir para o próximo ano os obxectivos e características dunha intervención de maior envergadura para a investigación, recuperación e valorización dos fortes e da paisaxe que conformaron en época moderna.

O Forte de Bragandelo atópase estado de conservación excepcional e presenta unha tipoloxía singular na raia miñota, polo que se decidiu focalizar este ano a intervención no mesmo. Como resultados preliminares podemos destacar a maior complexidade do sitio do que inicialmente parecía, o forte conta cunha serie de estructuras exteriores, algunhas das cuales foron identificadas grazas ao levantamente e a limpeza da vexetación, que reforzan as zonas defensivamente máis vulnerables e complementan a visibilidade e control da vía e da trincheira que une este forte e o da Pereira; a constatación de que se trata dun forte de tipo mixto, no que se combinan as estructuras terreiras coas pétreas; a potencialidade das construcións que alberga o forte no interior; e a súa posible construción en varias fases ou, polo menos, a existencia dunha posible reocupación posterior, aspectos todos eles que haberá que analizar nos próximos meses de traballo de gabinete, e sobre os que continuaremos traballando en futuras campañas.

Outro dos aspectos que interesa ao proxecto é a interacción coa comunidade local de Extermo, polo que durante a intervención se levaron a cabo algunhas entrevistas que tiñan como obxectivo recoller información relacionada co patrimonio e a toponimia local, traballo que continuaremos nos próximos meses, e a pasada semana tivemos Dia Aberto com visita guiada á intervención arqueolóxica na que puidemos compartir coa veciñanza e todo aquel que quiso achegarse os resultados da intervención, falar sobre os fortes, o patrimonio local, as ledas, o futuro deste sitio, etc. Xornadas que esperemos se manteñan no tempo. Coincidiu ademais coa Festa convivio erguida da bandeira e emigrante organizada pola Freguesia do Extremo, polo que a xornada non puido ser mellor. Ata pronto Extremo!

Eco nos medios neste enlace.

119 visualizaciones0 comentarios
bottom of page