Pro illuminatura é a expresión empregada polo miniaturista valenciano Sancho Gontier a finais do século XIV para referirse ao prezo que se lle debía pagar en concepto da decoración engadida a un manuscrito aviñonés preexistente e que quedara inacabado. É, por iso, tamén a expresión elexida para nomear este Seminario de Historia da Miniatura, que nace coa vocación de convertirse nun foro de discusión e intercambio de coñecementos sobre os manuscritos iluminados, preferentemente de orixe ibérica, e sobre os seus métodos de estudo, xestión, conservación e posta en valor.
Obxectivos
· Reflexionar sobre a importancia do patrimonio bibliográfico e da súa posta en valor.
· Fomentar o estudio dos manuscritos iluminados –medievais e modernos– de orixe peninsular.
· Favorecer o intercambio de coñecementos sobre a materia a través da presentación de traballos recentes e de proxectos de investigación en curso.
· Formar na metodoloxía de estudo deste obxecto histórico-artístico, que debe aunar as aportacións da Historia da Arte, a Historia, a Filoloxía e as Ciencias e Técnicas Historiográficas.
Destinatarios
· Graduados/as, Licenciados/as e Estudantes de Máster na área de Artes e Humanidades.
· Doutorandos/as na área de Artes e Humanidades, con especial interese para o Programa de Doutoramento en Estudos medievais e o “Programa de Doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte*.
· Persoal docente e investigador en Historia da Arte, Historia, Filoloxía románica e clásica e Ciencias e Técnicas Historiográficas.
· Público interesado.
*O Seminario foi aprobado como actividade formativa polas Comisións Académicas do Programa de Doutoramento en Estudos Medievais e do Programa de Doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte.
Datas e horario de celebración
· O Seminario constitúese como un ciclo de videoconferencias que terán lugar cada dous meses ao longo do curso académico 2016-2017 nas seguintes datas:
Martes, 18 de octubre de 2016, de 11,00 a 13,00 h.
Martes, 13 de diciembre de 2016, de 11,00 a 13,00 h.
Viernes, 10 de febrero de 2017, de 12,00 a 14,00 h.
Martes, 4 de abril de 2017, de 10,00 a 12,00 h.
Martes, 6 de junio de 2017, de 11,00 a 13,00 h.
· Cada unha destas cinco sesións terá unha duración de 2 horas, co que a duración total do Seminario será de 10 horas.
Lugar de celebración
Aula 13, Facultade de Xeografía e Historia, Universidade de Santiago de Compostela (Praza da Universidade, 1).
Programa
· Martes, 18 de octubre de 2016, de 11,00 a 13,00 h:
Josefina Planas (Universitat de Lleida), “Libros iluminados durante los siglos del gótico en Cataluña: centros de producción, promotores y miniaturistas”.
· Martes, 13 de diciembre de 2016, de 11,00 a 13,00 h:
Ana Hernández (Universidad Complutense de Madrid), “La miniatura plenomedieval hispana: creatividad y copia”.
· Viernes, 10 de febrero de 2017, de 12,00 a 14,00 h:
Ana Lemos e Catarina Fernandes Barreira (Instituto de Estudos Medievais - Universidade Nova de Lisboa), “A análise de pigmentos ao serviço da História da Arte”.
· Martes, 4 de abril de 2017, de 10,00 a 12,00 h:
Francesca Manzari (Università degli Studi di Roma La Sapienza), “La miniatura en Aviñón en la primera mitad del siglo XIV y sus relaciones con Italia”.
· Martes, 6 de junio de 2017, de 11,00 a 13,00 h:
Alicia Miguélez (Instituto de Estudos Medievais - Universidade Nova de Lisboa), “Los Beatos. Nuevas aportaciones”.
Inscrición
· A asistencia ao Seminario é gratuita ata completar o aforo.
· É obrigatorio inscribirse mediante o envío do FORMULARIO DE INSCRICIÓN ao enderezo: mercedes.lopez-mayan@usc.es
· Expedirase certificado de participación equivalente a 10 horas de formación.
Organiza
Mercedes López-Mayán
Departamento de Historia da Arte (USC)
Colaboran
· Grupo de investigación Síncrisis. Investigación en formas culturais (GI-1919)
· Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Xeografía e Historia
· Comisión Académica do Programa de Doutoramento en Estudos Medievais (USC)
· Comisión Académica do Programa de Doutoramento de Xeografía, Historia e Historia da Arte (USC)