top of page

11 de febreiro: Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia



No noso grupo sumamos 13 IPs, dos que 6 son científicas cuxo traballo aproveitamos para visibilizar en ocasións coma a de hoxe, Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Comenzamos coa nosa compañeira, Rebeca Blanco-Rotea (Vigo, 20/12/1973):


"Son investigadora posdoutoral da USC no grupo de investigación Síncrisis. Formeime inicialmente como historiadora da arte na USC e doctoreime en Arqueoloxía na Universidade do País Vasco. Traballo en Arqueoloxía da Arquitectura, Arqueoloxía da Paisaxe, metodoloxía arqueolóxica, xestión patrimonial e socialización do patrimonio. E investigo a arquitectura altomedieval, as fortificacións de época medieval e moderna e as paisaxes fortificadas. Coordino a sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega e formo parte como vogal da súa executiva.


Ademais de investigadora son nai, aspecto que me lastrou durante os meus anos iniciais de bolseira e formación e de investigación, ata 11, nunha época na que a conciliación e a investigación feita en feminino eran moi difíciles de compatibilizar. Este feito, e una aposta decidida por abrir unha liña de investigación en Galicia en Arqueoloxía da Arquitectura a finais da década de 1990, me levaron realizar a tese de doutoramento con algúns anos de retraso con respecto ao que sería una carreira académica ao uso. Non me arrepinto, a pesar do que leva aparellado na estabilización laboral pola vía da investigación. Nesta liña de investigación tiveron un peso moi importante compañeiras mulleres que decidiron traballar neste ámbito: Sonia García Rodríguez, Patricia Mañana Borrazás, Cristina Mato Fresán ou Adriana Ramos Mouzo foron algunhas delas.


Sen embargo, estudar a guerra, a guerra moderna, e facelo dende a arqueoloxía, non é habitual entre o colectivo de mulleres. Unha das nosas vías de investigación está en determinar se esa falta de interese, tanto por parte das investigadoras coma das consumidoras do noso relato, ven en que moitas veces ese relato foi construído dende unha óptica diferente á nosa. Por iso, nos últimos anos, abrimos unha liña na que combinando a investigación arqueolóxica e o audiovisual, estamos traballando con mulleres das comunidades locais nas que desenvolvemos o noso traballo para contar un relato diferente, un relato dende a nosa óptica (URL en Youtube; URL en Vimeo)".

22 visualizaciones0 comentarios
bottom of page