Son licenciado en Dereito e graduado en Historia pola USC. Realicei a miña tese doutoral baixo a supervisión de Pedro López Barja de Quiroga, no marco dun contrato FPU. Durante este período realicei unha estancia de investigación na University College London, da man da profesora Valentina Arena. Formo parte da rede Libera Res Publica, que agrupa aos investigadores que traballan desde a universidade española sobre a república Romana e participei de dous proxectos con financiamento: «Libertos y libertas en Ostia (s.I a. C. III d.C.): Movilidad social e identidad de grupo», xa rematado, e outro denominado «¿Crisis sin alternativa? Ideas y propuestas democratizantes». A miña tese, titulada “Citizenship and popularis Ideology in the Late Republic (133-69 BC)” foi recentemente defendida, o 16/03/2023.