Completou o seu doutoramento na Universidad de Salamanca grazas á obtención dunha bolsa predoutoral financiada pola Fundación Universitaria Oriol Urquijo (2017-2019) e a un contrato predoutoral cofinanciado pola Junta de Castilla y León e o Fondo Social Europeo (2019-2023). Defendeu a súa tese de doutoramento, titulada “La construcción pública de época romana en Hispania y en el Norte de África: agentes, procesos y costes económicos”, que obtivo varios premios de recoñecido prestixio. Ademais do Premio Extraordinario de Doutoramento de la Universidad de Salamanca e o Premio Alumni – Universidad de Salamanca a la investigación en Humanidades “Casino de Salamanca”, foi galardoado co Premio á Investigación en Humanidades da Real Academia de Doctores de España en 2023.
En xullo de 2024 incorporouse á Universidade de Santiago de Compostela en calidade de Investigador Contratado Posdoutoral grazas á obtención da Axuda de apoio á etapa de formación posdoutoral de la Xunta de Galicia (2024). Desde outubro de 2024 a setembro de 2025 realizou unha estadía de investigación no Institut Ausonius da Université Bordeaux-Montaigne (Francia). Posteriormente, cumprirá as súas labores no Departamento de História, Estudos Europeos Arqueologia e Artes de la Universidade de Coimbra (Portugal) de outubro de 2025 a setembro de 2026. Estas estadías internacionais sumaranse ás levadas a cabo durante o seu periodo predoutoral, entre as que deben destacarse as realizadas na York University (Toronto, Canadá), no Centro de Arqueologia da Universidade de Lisboa (Portugal), no Deutsches Archäologisches Institut Madrid ou na Universidad de Valladolid.
A súa liña de investigación principal céntrase na construción de edificios públicos de época romana e as súas implicacións políticas e sociais. Neste sentido, o everxetismo, os modos de financiamento e os procesos administrativos a seguir nos proxectos edilicios conforman o seu principal interese. Actualmente está desenvolvendo o proxecto “AEDIFICARE: el fenómeno evergético en las Galliae y en Hispania”, cuxo obxectivo principal é caracterizar a evolución do fenómeno everxético en ambas zonas coa intención de rastrexar e comparar as súas causas.
A pesar da súa corta traxectoria académica, publicou máis dunha trintena de traballos científicos en revistas de relevancia nacional e internacional, participou nunha vintena de congresos e organizou 7 encontros científicos nacionais e internacionais. Ademais, liderou dous proxectos de investigación e participou como equipo de traballo en máis dunha decena, tanto nacionais como internacionais.
Grupo de investigación: SÍNCRISIS. Investigación en formas culturais
Enlace ao investigador no portal: https://investigacion.usc.gal/investigadores/1219617/detalle

Investigador Contratado Posdoutoral