Uxía Gestoso Cancelo

Graduada en Historia (2024) pola Universidade de Santiago de Compostela, con Premio Extraordinario Fin de Carreira pola Xunta de Galicia. Especializada co Máster en Estudos Medievais Europeos: imaxes, textos e contextos (2025) tamén pola USC, con Premio Extraordinario Fin de Máster. Diploma de experta profesional en tecnoloxías avanzadas para a xestión e documentación do Patrimonio Cultural (2026) pola UNED. Actualmente contratada FPU no Departamento de Historia da USC, desenvolvendo un proxecto de tese titulado “Xénero, identidade e comunidade: unha análise social do campesiñado galego baixomedieval (1200-1350)”, baixo a dirección da profesora Mariña Bermúdez Beloso.

Investigadora predoutoral

uxia.gestoso.cancelo@usc.es

https://orcid.org/0009-0002-9713-8235