FÁTIMA DÍEZ PLATAS

Fátima Díez Platas é licenciada con grao en Geografía e Historia (UCM, 1983) e en Filología Clásica (UCM, 1985; grao en 1993), DEA en Historia del Arte (UCM, 2001) e doutora en Filología Clásica (UCM, 1996). Na actualidade é profesora titular de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. Formouse como investigadora nas universidades de Harvard, Oxford e o Instituto Warburg de Londres e é especialista en arte griega, estética antiga, iconografía do mito e as relacións entre a arte e a literatura.
Desde o ano 2003 e ata a actualidade foi investigadora principal de sete proxectos financiados de ámbito nacional sobre a ilustración das obras do poeta romano Publio Ovidio Nasón entre os séculos XV e XIX, que se materializaron no sitio web OVIDIUSPICTUS-Biblioteca Digital Ovidiana. (http://ovidiuspictus.es/index.php). Conta no seu haber con máis de cen publicacións nos ámbitos da iconografía, a arte grega y sobre todo a transmisión e pervivencia dos contidos mitolóxicos figurados, con especial atención á ilustración da obra ovidiana. Na contorna do traballo co seu equipo na Biblioteca Digital Ovidiana está a desenvolver unha actividade investigadora sobre a relación entre o coñecemento humanístico do mito e das súas representacións e recepción, e as posibilidades de atopar novos resultados aplicando as tecnoloxías dixitais e de intelixencia artificial. Desde outubro de 2021 é a presidenta da Sociedad Internacional de Humanidades Digitales Hispánicas (HDH).
Grupo de investigación IHUS Instituto de humanidades.

https://investigacion.usc.gal/investigadores/58779/detalle

PROFESORA TITULAR, acreditada a cátedra DEPARTAMENTO DE HISTORIA DA ARTE