Aínda que tiven nalgún momento a tentación de verme a min mesmo como profesor de literatura española nun IES, o certo é que a miña vocación pola historia chegoume sendo aínda adolescente. Cursei a licenciatura en Geografía e Historia, con especialidade en Historia Antigua, na Universidad Complutense de Madrid e alí tamén defendín a miña tese doutoral (1989), que tratou sobre o que habería de converterse nun dos eixos da miña carreira académica: a escravitude romana, cun énfase especial posto na fascinante información que nos proporcionan as inscripcións de Ostia, o porto de Roma. Despois, en 1991, trasladeime a Compostela, onde reoriento a miña investigación para estudar o pensamento político antigo, en especial, o romano da Tardía República, con Cicerón no centro. Na USC convírtome, primeiro, en Profesor Titular (1994) e, logo, Catedrático (2022). Realicei estadías de investigación en Oxford (Wolfson College), durante os tormentosos meses da guerra de Irak, en Londres (University College), coincidindo neste último caso co referéndum do Brexit e, finalmente, en Maguncia (Johannes Gutenberg Universität). O historiador sempre escribe desde o presente, nun diálogo imperfecto co pasado, máis ou menos afastado. Consciente da necesidade de saír do reducido círculo académico, colaborei en revistas orientadas ao público xeral, publiquei algúns podcasts (Lektu – Comprar Audiolibro Roma) e escribín dous manuais universitarios: Epigrafía latina (1993) e, en coautoría, Historia de Roma (2004). Desempeñei diversos cargos na USC, entre eles o de coordinador do máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (2010-2019), así como tamén do grupo de investigación Síncrisis. Investigación en formas culturais (desde 2020). Investigación en formas culturales (desde 2020). Nesta intersección entre o historiador científico social, que analiza, conta e mide, e o humanista, que describe os pensamentos e as emocións, transcorrerán os próximos anos da miña carreira académica.
Grupos de investigación aos que pertenzo:
Libera Res Publica: a rede reúne aos investigadores españois que traballan sobre a república romana. Recoñecida como Red de Excelencia. Presentación – Libera Res Publica (upo.es)
Institut des Sciences et Techniques de l’Antiquité (ISTA, université Franche-Comté), como chercheur associé: ISTA – Chercheurs associés (univ-fcomte.fr)
Grupo de investigación sobre Ciudades romanas de la UCM. GRUPO DE INVESTIGACIÓN SOBRE CIUDADES ROMANAS (ucm.es)
PEFSCEA – Programa de Estudio sobre las Formas de Sociedad y las Configuraciones estatales durante la Antigüedad (Universidad de Buenos Aires). Recoñecida como Red de Excelencia. Presentación – Libera Res Publica (upo.es)
Institut des Sciences et Techniques de l’Antiquité (ISTA, université Franche-Comté), como chercheur associé: ISTA – Chercheurs associés (univ-fcomte.fr)
Grupo de investigación sobre Ciudades romanas de la UCM. GRUPO DE INVESTIGACIÓN SOBRE CIUDADES ROMANAS (ucm.es)
PEFSCEA – Programa de Estudio sobre las Formas de Sociedad y las Configuraciones estatales durante la Antigüedad (Universidad de Buenos Aires). Membro do comité asesor externo. PEFSCEA | Programa de Estudios sobre las Formas de Sociedad y las Configuraciones Estatales de la Antigüedad (wordpress.com)
SECR. Sociedad española de Ciencias de las Religiones. Membro. Membro. SECR – Sociedad Española De Ciencias de las Religiones
Membro do Instituto de Humanidades da USC