Cambios na composición do Grupo de Investigación

SÍNCRISIS (GRC da Xunta de Galicia) inicia este ano 2021 con 11 Investigadores Principais (IPs). Gracias ao seu traballo, o grupo figura actualmente como un dos mellor posicionados na USC en canto a productividade (publicacións de impacto, proxectos acadados en convocatorias competitivas) a formación de investigadores (teses de doutoramento, contratos FPU e Xunta) e a consolidación científica das liñas de investigación defendidas.