
Publicamos de novo este post, con algunhas modificacións sustanciais sobre o procedemento de inscrición.
ESTRUTURA:
Tres liñas de traballo:
1) O arraigamento do priscilianismo e a reacción antipriscilianista.
2) O papel dos bispos na difusión do cristianismo na Gallaecia.
3) Arqueoloxía urbana, villae, comercio.
En cada unha destas liñas de traballo haberá intervencións de trinta minutos e outras máis breves (15 minutos), pensadas especialmente para doutorandos.
PRAZOS:
Quen estea interesado/a en participar nas sesións dos doutorandos/as deberán enviar a seguinte información:
- título da aportación
- resumo (unhas 300 palabras),
- nome/s do/as autor/as,
- institución á pertence/n,
- correo electrónico do autor/a de correspondenza,
- teléfono do/a autor/a de correspondenza,
a través deste enlace, antes do 30 de abril.
As propostas serán valoradas e, no seu caso, aceptadas, polo comité organizador.
IDIOMAS:
Os idiomas do congreso serán o galego, castelán, portugués, inglés, francés e italiano.
COMITÉ ORGANIZADOR:
- Pedro López Barja de Quiroga (pedro.barjadequiroga@usc.es)
- Marco García Quintela (marco.garcia.quintela@usc.es)
- José Carlos Sánchez Pardo (josecarlos.sanchez@usc.es)
- Pilar Prieto Martínez (pilar.prieto@usc.es)
- Adolfo Fernández Fernández (adolfo@uvigo.es)
- Secretaría do congreso: Estíbaliz García Gómez (acreditacionesysexenios@gmail.com)
WEB DO CONGRESO:
https://www.gruposincrisis.com/congresopriscilianismoegallaecia
Coa colaboración de:

#congresos #conferencia #póster #papers #Prisciliano #Gallaecia #arqueoloxía #textos #priscilianismo
difusión científica