A arqueoloxía regresa ao Castelo dubrés de Portomeiro

O luns 4 de maio comezou unha nova campaña de escavación no castelo de Portomeiro, no Val do Dubra, dentro do proxecto de científico ‘Castelos no aire’. A intervención insírese no proxecto ‘Estratexias de Control territorial na Gallaecia Altomedieval (ConTroGal)’, dirixida polo investigador Mario Pereiro Fernández, membro de Síncrisis e do CISPAC e investigador podoutoral da USC (Departamento de Historia), así como no proxecto ‘Escenarios de negociación y conflicto en espacios de gestión comunal’ (PID2024-155273NB-C43) que coordinan a investigadora Margarita Fernández Mier, da Universidade de Oviedo, e o investigador José Carlos Sánchez Pardo, de CISPAC-USC, e conta co apoio económico do grupo de investigación Aevum da USC.

A campaña desenvolverase baixo a dirección das indicadas persoas expertas, e ademais contará cun equipo interdisciplinar de arqueoloxía e persoal especializado en traballo de campo. Como novidade, sete estudantes do mestrado en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade e do grao en Historia da USC tomarán parte na campaña, reforzando a súa dimensión formativa.

Diversos medios de comunicación fixéronse eco desta nova: