Encontro Monográfico co Patrimonio Cultural.28: EPIGRAPHICA 3.0 (Compostela, 2 xullo 2019)

June 18, 2019

 

Martes, 2 de xullo ás 17:00 horas

Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela)

 

Organiza: Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega.

 

Esta reunión ten como obxecto presentar os resultados da investigación e as principais contribucións en materia de preservación e socialización do patrimonio epigráfico galego de época romana pertencentes ao proxecto “Epigraphica 3.0: Cara á creación e deseño dun corpus dixital de inscricións romanas da provincia de Ourense”. Financiado pola Xunta de Galicia (2017-2019) e concibido como unha ferramenta innovadora ao servizo da investigación histórica, a accesibilidade dunha parte dos bens culturais galegos, e a planificación de políticas patrimoniais orientadas á súa conservación e posta en valor, Epigraphica 3.0 aplicou por vez primeira de forma sistemática as tecnoloxías dixitais nos estadios de documentación, análise e difusión das inscricións romanas de Galicia, en concreto da provincia de Ourense. O resultado é un corpus en liña e en open access que combina o uso da metodoloxía epigráfica tradicional co emprego de novas ferramentas ao servizo da investigación epigráfica: a fotogrametría SfM, o modelado 3D, o procesamento dixital de imaxes, o desenvolvemento dunha base de datos relacional e a programación web. Todo iso permite un acceso universal e interactivo á información epigráfica mediante un motor de busca avanzada, un visor cartográfico e un visor de modelos 3D, así como a descarga da información textual e gráfica de cada inscrición. No ámbito da preservación do patrimonio cultural, Epigraphica 3.0 procura paliar algúns dos efectos negativos que certos problemas estruturais, como o despoboamento e o envellecemento demográfico, e de investigación epigráfica, como a mala lexibilidade das inscricións en granito, ocasionan no coñecemento e a conservación das epígrafes romanas, establecendo unhas bases documentais máis sólidas e precisas para a realización de futuras investigacións históricas sobre a presenza romana en Galicia.

 

Participan David Espinosa Espinosa (director científico e especialista en epigrafía romana, Universidade de Santiago de Compostela), Miguel Carrero Pazos (especialista en fotogrametría e modelado 3D, Universidade de Santiago de Compostela), Borja Paz Rodríguez (especialista en programación e desenvolvemento web Tecnoloxías Plexus) e Pedro López Barja de Quiroga (profesor titular de Historia Antiga, Universidade de Santiago de Compostela).

 

Podes consultar o PROGRAMA.

 

Nesta ligazón podes facer a túa SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

 

 

.

Please reload

Featured Posts

Junto al arqueólogo Xaquín Ferrer, ha guiado recientemente una ruta consistente en un paseo en lancha desde Curuxeiras hasta el Castillo de San Felipe...

Visita guiada de Rebeca Blanco por el Ferrol fortificado

August 2, 2016

1/2
Please reload

Recent Posts
Please reload