Encontro Monográfico co Patrimonio Cultural: INSITU.CONXUNTOS HISTÓRICO. O Casco Vello de Vigo. A memoria, a relación coa cidade e as intervencións públicas na rexeneración urbana

September 6, 2018

Encontro Monográfico co Patrimonio Cultural, coordinado e presentado por Rebeca Blanco-Rotea e Teresa Nieto

O CASCO VELLO DE VIGO. A MEMORIA, A RELACIÓN COA CIDADE E AS  INTERVENCIÓNS PÚBLICAS NA REXENERACIÓN URBANA 

Martes, 25 de setembro ás 17:00 horas

Casa da Cultura (Vigo)

 

Comezámo-lo curso, e con el retomamos os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural (EMPC). Como xa vimos anunciando, poñemos en marcha dentro destes o programa "IN SITU", co que pretendemos crear outros lugares de reflexión fóra do habitual espazo dos Encontros, trasladando o debate ao contexto xeográfico e social dos bens nos que se focalice cada xornada. 

 

Este programa leva como título "IN SITU. CONXUNTOS HISTÓRICOS" e pretende mostrar a diversidade das situacións nas que se atopan os conxuntos históricos e introducir os múltiples e complexos aspectos do debate arredor da protección patrimonial dos mesmos. 

 

O primeiro deles centrarase na cidade de Vigo e terá lugar na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2). Animádevos a acompañarmos nesta nova andaina! Podedes inscribirvos aquí.
 

 

 

 

Please reload

Featured Posts

Junto al arqueólogo Xaquín Ferrer, ha guiado recientemente una ruta consistente en un paseo en lancha desde Curuxeiras hasta el Castillo de San Felipe...

Visita guiada de Rebeca Blanco por el Ferrol fortificado

August 2, 2016

1/2
Please reload

Recent Posts
Please reload