Conferencia de Almudena Otero Villena (13 decembro 2017)

December 7, 2017

Pechamos este ano 2017 cun seminario a cargo de Almudena Otero Villena que describe así a súa proposta para este mes de decembro:

 

En 1977 o medievalista Hans Robert Jauss publicou Alterität und Modernität der mittelalterlichen Literatur (Alteridade e modernidade da literatura medieval), un libro que no seu momento tivo unha notable repercusión en Alemaña. Jauss explica aquí que o noso achegamento á Idade Media está marcado pola súa alteridade: a distancia que nos separa, a estrañeza que nos produce. Mais no gozo estético que nos provoca a lectura dun texto medieval podemos descubrir tamén a súa modernidade, recoñecernos nel. Seguindo a Hans Ulrich Gumbrecht, poderíamos dicir que na experiencia estética a obra se fai presente, superando calquera distancia. Movémonos, así, da outredade á identificación. Do outro por excelencia, de deus, fala precisamente Mechthild von Magdeburg, mística do século XIII, no seu libro Ein vliessende lieht der gotheit. Mechthild fala de deus, pero as palabras que escribe son -afirma- a mesma voz da divindade, porque ela mesma devén deus. A escrita é aquí lingua que flúe: que salva a distancia co outro e supera a alteridade.

 

Esperámosvos o mércores 13 de decembro no Salón de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia ás 19h.

 

 

 

 

Please reload

Featured Posts

Junto al arqueólogo Xaquín Ferrer, ha guiado recientemente una ruta consistente en un paseo en lancha desde Curuxeiras hasta el Castillo de San Felipe...

Visita guiada de Rebeca Blanco por el Ferrol fortificado

August 2, 2016

1/2
Please reload

Recent Posts
Please reload