Conferencia de Marcos Fernández Ferreiro (9 novembro 2017)

November 6, 2017

Abrimos o curso 2017-2018 con un seminario a cargo de Marcos Fernández Ferreiro que intentará iluminar un tema a miúdo marxinalizado e esquecido como foron os propios escravos.

 

Que é a escravitude? E a servidume? Que ocorreu coa escravitude clásica e tardoantiga durante a época altomedieval? Houbo escravos e escravas no territorio galaico por aquel tempo? A resposta a estas e outras preguntas sobre o estatus social servil entre os séculos ix e XII é o que intentaremos clarificar na medida do posible neste seminario monográfico. E farémolo, centrándonos especialmente nun dos varios aspectos necesarios para definir o significado de carecer de liberdade: a reificación dos seres humanos. Ou o que é o mesmo, a súa «cousificación», facer deles e delas unha posesión equiparable a un obxecto calquera, a un ben moble; pois, á vista das probas documentais, non parece haber dúbidas de que este tipo de comportamentos se deu no noroeste peninsular hai arredor de mil anos e a intención é poder achegarnos a eles.Cabe aínda outra pregunta: por que a alta Idade Media? A escolla deste período histórico concreto para o estudo da cuestión non é aleatoria. Abofé, o discurso historiográfico dominante proporciónanos dende hai décadas unha historia da escravitude bastante nítida, tanto para a época greco-romana e tardoantiga, como tamén para os séculos XIII-XIX. Porén, a situación parece máis difusa entre medias. Neste sentido, historiadores e historiadoras do alto medievo, cando centran as súas investigacións no noroeste peninsular, atópanse en múltiples ocasións con fontes escritas de difícil interpretación, pero nas que os conceptos e as expresións empregadas apuntan cara situacións servís que denotan unha clara dominación dunhas persoas sobre outras, e ás que non se lles deu aínda un sentido de conxunto. Aproximarse a ese sentido global é a intención última do noso proxecto e neste seminario poderemos ver algunha das pezas do crebacabezas.

 

Esperámosvos o xoves 9 de novembro na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia ás 19h.

 

 

Please reload

Featured Posts

Junto al arqueólogo Xaquín Ferrer, ha guiado recientemente una ruta consistente en un paseo en lancha desde Curuxeiras hasta el Castillo de San Felipe...

Visita guiada de Rebeca Blanco por el Ferrol fortificado

August 2, 2016

1/2
Please reload

Recent Posts
Please reload