Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural 10. Alén dun castro. Arqueoloxía, restauración e divulgación no xacemento de Baroña

February 13, 2017

O encontro, titulado Alén dun castro. Arqueoloxía, restauración e divulgación no xacemento de Baroña, contará coa participación de Luis F. López González, Ángel Concheiro Coello e Yolanda Álvarez González.

 

Rebeca Blanco Rotea coordina esta nova edición dos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural que terá lugar no Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela o xoves, 23 de febreiro  de 2017, ás 16:30 horas.

 

O tema a tratar é O Castro de Baroña, un dos xacementos máis visitados de Galicia, no que se xuntan interesantes aspectos patrimoniais, a súa temperá posta en valor e a súa localización, que lle confiren un importante valor paisaxístico. Nos últimos anos desenvolvéronse varias campañas de reescavación do sitio, escavación de zonas novas, restauración e posta en valor, así como un importante esforzo pola súa divulgación en tempo real.

 

Este encontro céntrase en tres aspectos relativos a Baroña: o seu valor patrimonial, o seu valor social e as súas necesidades de cara ao futuro. Como xa é habitual, haberá un espazo de debate, desta volta centrado nun dos lugares patrimoniais máis significativos de Galicia.

 

Podes consultar o PROGRAMA

 

Nesta ligazón podes facer a túa SOLICITUDE DE INSCRICIÓN.

 

 

 

 

 

Please reload

Featured Posts

Junto al arqueólogo Xaquín Ferrer, ha guiado recientemente una ruta consistente en un paseo en lancha desde Curuxeiras hasta el Castillo de San Felipe...

Visita guiada de Rebeca Blanco por el Ferrol fortificado

August 2, 2016

1/2
Please reload

Recent Posts
Please reload