Xornada científica de traballo de coorperación internacional: USC (España) - CML (Dinamarca)


O vindeiro martes, 21 de setembro, terá lugar unha breve xornada de traballo organizada por Helena de Carlos Villamarín e Rosa M. Rodríguez Porto, pensada para estimular a colaboración internacional no seo da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Celebrarase, de 9:00 a 13:00 h., no Centro de Estudos Avanzados (Parque de Vista Alegre, Santiago de Compostela), coincidindo coa visita a Santiago de varios integrantes do Centre for Medieval Literature (CML).


O Centre for Medieval Literature é un centro de excelencia internacional financiado pola Axencia Nacional de Investigación Danesa, que ten coma sedes as universidades de York e do Sur de Dinamarca en Odense. Dende 2012 ven desenvolvendo un importante labor no eido dos estudos medievais, xerando novos marcos conceptuais para o estudo das literaturas medievais europeas, transdisciplinares e transnacionais.


A idea é crear un pequeno espazo de interlocución, onde os directores do CML presenten unha achega á traxectoria da institución e, do mesmo xeito, se presenten algúns dos grupos de investigación ou proxectos que se desenvolven neste momento na USC. Tamén será ocasión para que, nun marco relaxado, poda falarse de cuestións prácticas relacionadas coa xestión de grandes proxectos. Agardamos que este encontro sirva para estreitar lazos entre as nosas respectivas institucións.


PROGRAMME


(10:00-10:10) Rosa M. Rodríguez Porto (Síncrisis-USC / CML): Introductory remarks.

(10:10-10:30) Lars Boje Mortensen (University of Southern Denmark) & Elizabeth Tyler (University of York): Mission and vision of the Centre for Medieval Literature.

(10:30-11:00) Q&A.

(11:00-11:30) Coffee break.

(11:30-11:40) Helena de Carlos Villamarín (Síncrisis-USC): Showcasing research at USC.

(11:40-11:50) Víctor Millet Schröder (USC): Current research paths. 1) Digital scholarly editions. 2) The beginnings of vernacular epic (or imperial) poetry in the 9th century.


(11:50-12:00) Pedro López Barja de Quiroga (Síncrisis-USC): Síncrisis. A Successful Research Cluster.

(12:00-12:15) Short presentations about ongoing research projects by Fátima Díez Platas (Síncrisis-USC) and José Carlos Sánchez Pardo (Síncrisis-USC).

(12:15-13:00) General discussion


Dado que as plazas son limitadas polas restriccións derivadas da COVID-19 proporcionamos unha ligazón por Teams para alquelas persoas que queiran asistir virtualmente.

30 visualizaciones0 comentarios