As escavacións no Asentamento de Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras), están a dar luz a parte dese periodo tan "escuro" como foi a transición do Imperio Romano á Alta Idade Media.
O proxecto SPUTNIK LABREGO presenta neste video os traballos desenvolvidos no xacemento valdeorrés o pasado mes de setembro e as primerias impresións da campaña. Durante estes traballos o grupo contou coa participación das alumnas das prácticas do Master Interuniversitario en Arqueoloxía e CCA e a colaboración da empresa de arqueoloxía TEMPOS ARQUEÓLOGOS SL.
Concello de Vilamartín de Valedorras e o Grupo Síncrisis (Universidade de Santiago de Compostela), entre outros, aportaron os recursos precisos para a realización desta actuación arqueolóxica.
Comments