top of page
Foto del escritorAdministrador

Presentación da publicación Foro Patrimonio e Sociedade

Actualizado: 26 jul 2021



Rebeca Blanco-Rotea coordinou o proxecto denominado "Foro Patrimonio e Sociedade", organizado dende o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Sección de Patrimonio e Bens Culturais. Esta actividade ven de rematar nos días pasados coa elaboración da última fase, unha Guía práctica para a análise dun sector clave na gobernanza do futuro.


35 profesionais galegxs reflexionaron dende novembro de 2019 ata abril de 2021 arredor do patrimonio cultural (PC), a xestión que se fai deste en Galicia, as políticas públicas e normativa legal, ou a formación e educación patrimonial.


Tanto no Foro como na guía participaron representantes de todos os ámbitos que traballan, investigan ou teñen unha relación co PC en Galicia: Universidades, OPIs, Adacemias, Administración, Industrias culturais, Asociacións, empresas, sociedade civil en xeral.


A guía pretende ser unha ferramenta prática para o desenvolvemento de Politicas públuicas que teñan en conta a realizade actual do Patrimonio Cultural en Galicia, mais tamén dar cabida á sociedade civil en todo o que teña que ver coa xestión patrimonial. Dende hoxe está dispoñibles nesta ligazón para a súa descarga.



Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page