top of page
Foto del escritorAdministrador

IV Seminario de iniciación á investigación: Prof. César Fornis Vaquero



O prof. César Fornis Vaquero, Catedrático de Historia Antigua na Universidad de Sevilla, imparte a conferencia Imágenes de Esparta en la Antigüedad, no eido do IV Seminario de Investigación do grupo Síncrisis.

A conferencia complementaria irá a cargo de Nerea Terceiro Sanmartín, co título Lugar sugerido, lugar camuflado: Esparta, un “sitio distinto” en la obra de Platón.

Esta quinta sesión do seminario, que terá lugar na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia (USC), o xoves, 3 de xuño ás 11:00h., estará moderada polo profesor Marco V. García Quintela.


O aforo será limitado a 9 persoas, suxeito ás medidas COVID. A admisión é por estricta orde de recepción de solicitudes enviadas a pedro.barjadequiroga@usc.es

O seminario poderá ser seguido a través desta reunión en Microsoft Teams.


O IV Seminario de Investigación do grupo Síncrisis é un curso presencial de 20 horas, organizado no eido do Programa de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte e do Grupo de Investigación GI 1919. Síncrisis. Investigación en formas culturais.

Esta actividade está integrada por 10 sesións, unha por mes, impartidas na Facultade de Xeografía & Historia da USC, entre setembro do 2020 e xuño do 2021. Serán impartidas preferentemente en castelán, e durarán entre 120 e 150 minutos cada unha.

As sesións de traballo están pensadas como un contraste entre un investigador senior (agás a primeira conferencia, inaugural do máster de Arqueoloxía...) e un investigador novo do grupo Síncrisis, arredor dunha temática similar. A idea é contrastar o traballo do novo cun experto diferente do seu director e logo recibir opinións tendentes á mellora do seu traballo de doutoramento. O obxectivo xeral é diversificar os xeitos de transmisión dos usos académicos entre diferentes clases de idade.

O curso está aprobado como actividade formativa de doutoramento pola COMISIÓN ACADÉMICA DO PROGRAMA DE DOUTORAMENTO de Xeografía, Historia e Historia da Arte, co recoñecemento de 1 crédito.

PARA ACADAR O RECOÑECEMENTO DO CRÉDITO O PERÍODO DE MATRÍCULA SERÁ DURANTE O MES DE SETEBRO, A TRAVÉS DA SECRETARIA VIRTUAL DA USC, ATA CUBRIR 25 PRAZAS.

TAMÉN PÓDESE ENVIAR UN CORREO ELECTRÓNICO A pedro.barjadequiroga@usc.es NON SE ACEPTARÁN INSCRICIÓNS NIN CORREOS DE CALQUERA TIPO QUE NON USEN AS DIRECCIÓNS OFICIAIS DE E-MAIL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

VERIFICARASE A ASISTENCIA. PERMITIRASE UN MÁXIMO DE DÚAS FALTAS SEN XUSTIFICACIÓN.

PARA OUTROS INTERESADOS A ASISTENCIA É LIBRE.








Entradas recientes

Ver todo

Comentários


bottom of page