A Dra. Rose Walker, Honorary Research Fellow do Courtauld Institute of Art de Londres, imparte a conferencia "Cosmic Upheaval in Illuminated Beatus Manuscripts", no eido do IV Seminario de Investigación do grupo Síncrisis.
A conferencia complementaria irá a cargo de Sara Moure, co título "Ciudades atormentadas en los Beatos tardíos castellanos".
Esta segunda sesión do seminario, que terá lugar o venres, 20 de novembro ás 11:00h. estará moderada pola profesora Rocío Sánchez Ameijeiras.
O seminario poderá ser seguido a través desta reunión en Microsoft Teams.
O IV Seminario de Investigación do grupo Síncrisis se trata dun curso presencial de 20 horas, organizado no eido do Programa de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte e do Grupo de Investigación GI 1919. Síncrisis. Investigación en formas culturais.
Esta actividade está integrada por 10 sesións, unha por mes, impartidas na Facultade de Xeografía & Historia da USC, entre setembro do 2020 e xuño do 2021. Serán impartidas preferentemente en castelán, e durarán entre 120 e 150 minutos cada unha.
As sesións de traballo están pensadas como un contraste entre un investigador senior (agás a primeira conferencia, inaugural do máster de Arqueoloxía...) e un investigador novo do grupo Síncrisis, arredor dunha temática similar. A idea é contrastar o traballo do novo cun experto diferente do seu director e logo recibir opinións tendentes á mellora do seu traballo de doutoramento. O obxectivo xeral é diversificar os xeitos de transmisión dos usos académicos entre diferentes clases de idade.
O curso está aprobado como actividade formativa de doutoramento pola COMISIÓN ACADÉMICA DO PROGRAMA DE DOUTORAMENTO de Xeografía, Historia e Historia da Arte, co recoñecemento de 1 crédito.
PARA ACADAR O RECOÑECEMENTO DO CRÉDITO O PERÍODO DE MATRÍCULA SERÁ DURANTE O MES DE SETEBRO, A TRAVÉS DA SECRETARIA VIRTUAL DA USC, ATA CUBRIR 25 PRAZAS.
TAMÉN PÓDESE ENVIAR UN CORREO ELECTRÓNICO A pedro.barjadequiroga@usc.es NON SE ACEPTARÁN INSCRICIÓNS NIN CORREOS DE CALQUERA TIPO QUE NON USEN AS DIRECCIÓNS OFICIAIS DE E-MAIL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
VERIFICARASE A ASISTENCIA. PERMITIRASE UN MÁXIMO DE DÚAS FALTAS SEN XUSTIFICACIÓN.
PARA OUTROS INTERESADOS A ASISTENCIA É LIBRE.
Opmerkingen