top of page
Foto del escritorAdministrador

Galicia no tempo de Afonso X


José Miguel Andrade Cernadas e Simon R. Doubleday veñen de editar, Galicia no tempo de Afonso X, unha monografía publicada polo Consello da Cultura Galega que conmemora os 800 anos do nacemento de Afonso X.


A monografía inclue dez capítulos, todos eles dedicados a tratar o tempo histórico de Afonso X saíndo dos lugares comúns máis trillados:




José M. Andrade e Simon R. Doubleday: "Repensando o paradigma do declive da Galicia medieval".


Helena de Carlos: "As Antigüidades da Gallaecia na obra historiográfica de Afonso X"


Rosa María Rodríguez Porto: "Cara e cruz: conflito político, territorio e padroado rexio en Galicia durante o reinado de Afonso X e Violante de Aragón".


Diana Pelaz Flores: "Facerse presentes. As mulleres da familia real castelá e

o reino de Galicia na culminación plenomedieval".


Francisco Javier Hernández. "La piel del leopardo: Galicia y el ordenamiento territorial alfonsí".


Olalla López-Costas: "Pontevedra, a cidade que floreceu na Baixa Idade Media: adentrándonos na dieta medieval a través dos restos humanos".


Henrique Monteagudo: "Afonso o Sabio na lírica trobadoresca galego-portuguesa: da historia literaria á política cultural".


Francisco Javier Pérez Rodríguez: "Diplomatario galego de Afonso X".


Ricardo Pichel Gotérrez: "Sabean quantos este liuro virem... A recepción galega do legado historiográfico e haxiográfico do Rei Sabio na primeira metade

século XIV".


Beatriz Vaquero Díaz: "Santa Clara de Allariz, historia dunha fundación real (ss. XIII-XV)".


Como citar:

Andrade Cernadas, J. M.; Doubleday, S. R. (eds.). 2021. Galicia no tempo de Afonso X. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 447 p. ISBN 978-84-17802-35-6. Depósito Legal C 1911-2021.

Comentarios


bottom of page