Fátima Díez Platas, Profesora Titular de Historia da Arte

Actualizado: abr 12


O xoves 8 de abril, a Dra. Fátima Díez Platas, membro do grupo Síncrisis, acadou a praza de Profesora Titular do Departamento de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, pendente xa soamente da súa toma de posesión.


Na primeira parte do exercicio explicou as liñas mestras da docencia na materia “Historia da arte grega” en na segunda trazou unha breve sinopse do seu proxecto de investigación, no que leva anos traballando, sobre o cambio da forma do Minotauro ao longo dos séculos, dende a Grecia arcaica ata época contemporánea.


O tribunal xulgador destacou a súa extensa traxectoria científica (na que cumpre subliñar seu proxecto Ovidius Pictus) e súa capacidade para entusiasmar aos seus alumnos.


¡Parabéns!

56 vistas0 comentarios