top of page

"Aberto por escavación": Intervención arqueolóxica en Valencia do Sil 2020 (1-18 setembro)

Actualizado: 29 ago 2020


Queremos invitarvos a ver os traballos arqueolóxicos do xacemento de Valencia do Sil, entre o 1 e o 18 de setembro (10-17 h.).


A USC e o Concello de Vilamartín de Valdeorras veñen de asinar un convenio para iniciar esta escavación arqueolóxica en Valencia do Sil, que conta ademáis coa decisiva intervención da empresa Tempos Arqueólogos e o proxecto Sputnik Labrego.


A intervención está dirixida por Carlos Tejerizo (UPV) e Celtia Rodríguez como codirectora (Síncrisis-USC / Tempos Arqueólogos), con José Carlos Sánchez Pardo (Síncrisis-USC) como asesor científico. 


A equipa técnica está composta por Mario F. Pereiro, Fran Alonso Toucido e Verónica Silva, de Tempos Arqueólogos, máis Andrés Menéndez, da Universidade de Oviedo. 


O seu obxectivo principal é analizar a través do rexistro arqueolóxico as transformación das sociedades campesiñas galegas na larga duración histórica con especial relevancia á perspectiva de  xénero. 


Todo iso dentro do período de transición entre a fin do Imperio Romano de Occidente e a conseguinte emerxencia do Estado Suevo (ss. IV-VI d.C.). Para a campaña contamos coa axuda do Concello de Vilamartín de Valdeorras como promotor e a colaboración das alumnas das prácticas do Máster de Arqueoloxía da USC



50 visualizaciones0 comentarios

תגובות


bottom of page