top of page
Foto del escritorAdministrador

Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia: Diana Pelaz Flores


Continuando coa nosa celebración do Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia queremos destacar tamén a labor científica da nosa compañeira, Diana Pelaz Flores (Cervera de Pisuerga, 1986):


"Son profesora axudante doutora na Universidade de Santiago de Compostela. A miña carreira investigadora comenzou grazas a unha bolsa-contrato de Formación de Profesorado Universitario concedida polo Ministerio de Educación y Cultura na Universidad de Valladolid.


Xa na carreira de Historia comencei a interesarme polas mulleres e a súa actuación nos diferentes periodos históricos e aproveitei para continuar investigándoas no doutoramento. Máis concretamente, o poder das mulleres durante a Baixa Idade Media na Coroa de Castela, fazendo das raíñas o meu principal interese. Tiven a sorte de contar cunha directora de excepción para transitar un camiño incerto pero tamén fascinante como é o da investigación histórica.


Da mán de Mª Isabel del Val Valdivieso puiden coñecer de preto a entrega de tempo e esforzo que precisa a investigación, a docencia e o compromiso de xestión na universidade, e tambén os exemplos de moitas mais investigadoras, mestras e amigas, e os seus sacrificios: en moitos casos o sacrificio da maternidade, pola imposibilidade de compatibilizar as súas carreiras coa vida familiar, mentras outras quedábanse polo camiño, ante as dificultades de estabilización laboral. Todo elo, sen esquecer que non sempre é doado fazer historia das mulleres, e non soamente polas fontes documentais ou de outra natureza dispoñibles, sinon pola percepción das mulleres como suxeitos históricos non tan importantes ou como unha moda inútil.


Circunstancias que eu teño que recoñecer que non viví en primeira persoa, ou alo menos non con tanta intensidade como fai anos; en grande parte por percorrer un camiño que xa comenzaron a rozar todas esas investigadoras antes ca min. Teño a sorte de que todo ese aprendixaje tróuxome ata aquí, aínda que queda moito para poder afianzar a miña situación laboral. Mentres tanto, temos que reivindicar a relevancia de todas esas mulleres, diversas, que loitan día a día por sacar adiante as súas carreiras e familias, e amosar todos os referentes femininos que temos na Historia para que o noso alumnado (e a sociedade no seu conxunto) poida verse representado, comprender a pluralidade de situacións sociais, políticas ou culturais na Historia, e que se perciba a importancia de continuar na pesquisa das mulleres que nos precederon".

35 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page