top of page

Cambios na composición do Grupo de Investigación


Pedro López Barja de Quiroga, TU do Departamento de Historia (acreditado a cátedra pola ANECA), toma o relevo da coordinación do Grupo SÍNCRISIS, tra-la xestión que viña facendo Marco V. García Quintela dende 2004 (agora decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC).


SÍNCRISIS (GRC da Xunta de Galicia) inicia este ano 2021 con 11 Investigadores Principais (IPs). Gracias ao seu traballo, o grupo figura actualmente como un dos mellor posicionados na USC en canto a productividade (publicacións de impacto, proxectos acadados en convocatorias competitivas) a formación de investigadores (teses de doutoramento, contratos FPU e Xunta) e a consolidación científica das liñas de investigación defendidas.


Dende o 1 de febreiro, incorpórase a Síncrisis una nova IP, Rosa Rodríguez Porto, contratada Ramón y Cajal (convocatoria 2019), procedente do Danish Institute for Advanced Studies da University of Southern Denmark.

72 visualizaciones0 comentarios
bottom of page