top of page

3er Seminario de Investigación do grupo Síncrisis: Adriano ante las ciudades del Imperio


O catedrático de Historia Antigua da Universidad Pablo Olavide, Juan Manuel Cortés Copete, imparte a conferencia "Adriano ante las ciudades del Imperio: unidad y diversidad", no eido do 3er Seminario de Investigación do grupo Síncrisis.

A conferencia complementaria irá a cargo de Jacobo Rodríguez Garrido, co título "Los esclavos del emperador".

Esta cuarta sesión do seminario, que terá lugar o xoves 23 de decembro ás 11:30h. na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia, estará moderada polo profesor Marco V. García Quintela.

O 3er Seminario de Investigación do grupo Síncrisis se trata dun curso presencial de 20 horas, organizado no eido do Programa de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte e do Grupo de Investigación GI 1919. Síncrisis. Investigación en formas culturais.

Esta actividade está integrada por 10 sesións, unha por mes, impartidas la Sala de Profesores da Facultade de Xeografía & Historia da USC, entre o 19 de setembro do 2019 e o 12 de xuño do 2020. Serán impartidas preferentemente en castelán, e durarán entre 120 e 150 minutos cada unha.

As sesións de traballo están pensadas como un contraste entre un investigador senior (agás a primeira conferencia, inaugural do máster de Arqueoloxía...) e un investigador novo do grupo Síncrisis, arredor dunha temática similar. A idea é contrastar o traballo do novo cun experto diferente do seu director e logo recibir opinións tendentes á mellora do seu traballo de doutoramento. O obxectivo xeral é diversificar os xeitos de transmisión dos usos académicos entre diferentes clases de idade.

O curso está aprobado como actividade formativa de doutoramento pola COMISIÓN ACADÉMICA DO PROGRAMA DE DOUTORAMENTO de Xeografía, Historia e Historia da Arte, co recoñecemento de 1 crédito.

PARA ACADAR O RECOÑECEMENTO DO CRÉDITO O PERÍODO DE MATRÍCULA SERÁ DURANTE O MES DE SETEBRO, A TRAVÉS DA SECRETARIA VIRTUAL DA USC, ATA CUBRIR 25 PRAZAS.

TAMÉN PÓDESE ENVIAR UN CORREO ELECTRÓNICO A marco.garcia.quintela@usc.es NON SE ACEPTARÁN INSCRICIÓNS NIN CORREOS DE CALQUERA TIPO QUE NON USEN AS DIRECCIÓNS OFICIAIS DE E-MAIL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

VERIFICARASE A ASISTENCIA. PERMITIRASE UN MÁXIMO DE DÚAS FALTAS SEN XUSTIFICACIÓN.

PARA OUTROS INTERESADOS A ASISTENCIA É LIBRE.

Podedes descargar aquí o calendario en formato PDF.

#formación #doutoramento #seminariosdeinvestigación #SÍNCRISIS

43 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

El pasado 17 de julio se publicó la resolución de las ayudas del Subprograma Estatal de Generación de Conocimiento, contenido en el Programa Estatal para Impulsar la Investigación Científico-Técnica y

bottom of page