A catedrática de Historia Antigua da Universidad de Zaragoza, Laura Sancho Rocher, impartirá a conferencia "La deliberación democrática: dialéctica y retórica", no eido do 3er Seminario de Investigación do grupo Síncrisis.
A conferencia complementaria irá a cargo de Nerea Terceiro Sanmartín, co título "Atenas y los lugares del disenso político".
Esta cuarta sesión do seminario, que terá lugar o venres 13 de decembro ás 11:30h. na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia, estará moderada polo profesor Marco V. García Quintela.
O 3er Seminario de Investigación do grupo Síncrisis se trata dun curso presencial de 20 horas, organizado no eido do Programa de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte e do Grupo de Investigación GI 1919. Síncrisis. Investigación en formas culturais.
Esta actividade está integrada por 10 sesións, unha por mes, impartidas la Sala de Profesores da Facultade de Xeografía & Historia da USC, entre o 19 de setembro do 2019 e o 12 de xuño do 2020. Serán impartidas preferentemente en castelán, e durarán entre 120 e 150 minutos cada unha.
As sesións de traballo están pensadas como un contraste entre un investigador senior (agás a primeira conferencia, inaugural do máster de Arqueoloxía...) e un investigador novo do grupo Síncrisis, arredor dunha temática similar. A idea é contrastar o traballo do novo cun experto diferente do seu director e logo recibir opinións tendentes á mellora do seu traballo de doutoramento. O obxectivo xeral é diversificar os xeitos de transmisión dos usos académicos entre diferentes clases de idade.
O curso está aprobado como actividade formativa de doutoramento pola COMISIÓN ACADÉMICA DO PROGRAMA DE DOUTORAMENTO de Xeografía, Historia e Historia da Arte, co recoñecemento de 1 crédito.
PARA ACADAR O RECOÑECEMENTO DO CRÉDITO O PERÍODO DE MATRÍCULA SERÁ DURANTE O MES DE SETEBRO, A TRAVÉS DA SECRETARIA VIRTUAL DA USC, ATA CUBRIR 25 PRAZAS.
TAMÉN PÓDESE ENVIAR UN CORREO ELECTRÓNICO A marco.garcia.quintela@usc.es NON SE ACEPTARÁN INSCRICIÓNS NIN CORREOS DE CALQUERA TIPO QUE NON USEN AS DIRECCIÓNS OFICIAIS DE E-MAIL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
VERIFICARASE A ASISTENCIA. PERMITIRASE UN MÁXIMO DE DÚAS FALTAS SEN XUSTIFICACIÓN.
PARA OUTROS INTERESADOS A ASISTENCIA É LIBRE.
Podedes descargar aquí o calendario en formato PDF.