top of page

Ciclo de cinema en Vigo, Mulleres, patrimonio e sociedade (26, 27, 28 setembro)


Remitimos información sobre o ciclo de cinema Mulleres, patrimonio e sociedade. Este ciclo de cine galego-portugués ten como obxectivo promover o intercambio cultural entre Galicia e Portugal. Despois dunha primeira edición, que tivo lugar en Braga no 2018, centrada fundamentalmente no cine galego e de fronteira, a segunda realizarase nos Multicines Norte de Vigo os días 26, 27 e 28 de setembro, cuxos temas serán a situación das mulleres e a súa relación cunha sociedade normalizadora e, novamente, o patrimonio, xa que consideramos importante a visibilización da muller en relación con ambas as realidades na actualidade, a patrimonial e a social. O ciclo está organizado polo Consello da Cultura Galega, o Camões-Instituto da Cooperação e da Lingua, I. P., a Universidade do Minho (UMinho) e a Vigo Film Office.

As películas que se proxectarán do ciclo son Tódalas mulleres que coñezo (2018) de Xiana Teixeiro; Entre sombras (2018) de Mónica Santos e Alice Guimarães; Alentejo, Alentejo (2013) de Sérgio Tréfaut; Tempo da recolleita (2018) de Félix Blume; Volta à terra (2014) de João Pedro Plácido e Cando mamá pechou as caixas (2018) de Arancha A. Brandón. Os nomes das participantes nas mesas de debate-coloquio posterior á proxección dos filmes daranse a coñecer a próxima semana. Podes acceder aos horarios no seguinte enlace no apartado programa.

A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.

Lugar da proxección: Multicines Norte situado en Via Norte, n. 22 en Vigo.

13 visualizaciones0 comentarios
bottom of page