As I Xornadas de Xénero, Arqueoloxía e Patrimonio (Santiago de Compostela, 25 - 26 setembro) articúlanse en tres bloques:
i) Investigación e arqueoloxía.
ii) Xénero e difusión do patrimonio.
iii) Arqueoloxía de empresa.
En todos eles se tratará a situación da muller nestes campos, os problemas ós que se enfrontan e tamén as perspectivas de futuro. En cada bloque escoitaremos a 4 profesionais que farán unha pequena introdución ó seu traballo, seguida dunha táboa redonda na que debaterán sobre a situación actual da muller nos seus respectivos ámbitos de traballo e sobre as posibles solucións e vías de acción e reivindicación.
Desta maneira, o que se pretende é chamar a atención sobre aspectos tan importantes como a desigualdade de xénero e o papel da muller dentro do patrimonio cultural galego. Á vez as xornadas servirán para establecer puntos de vista das diferentes investigadoras e profesionais que levan anos investigando e traballando dentro do eido patrimonial como arqueolóxico. Polo tanto, exporán as novas perspectivas de xénero e feminismo que están a desenvolverse tanto no plano galego como no internacional no ámbito do patrimonio cultural.
As xornadas contarán cunha charla de apertura e outra de clausura, ambas impartidas por dúas recoñecidas investigadoras a nivel internacional nas súas respectivas areas de estudo: Arqueoloxía de xénero e antropoloxía física.
Este evento, organizado por Celtia Rodríguez, Andrea Mouriño, Elvira Mangas, Noemi Allef, Laura Blanco, Lorena Barreiro, Verónica del Río e Fátima Sánchez celebraráse no Consello da Cultura Galega e no Museo das Peregrinacións.
Actividade de libre acceso, ate completar aforo (100 persoas).
Inscripción nesta ligazón.
En breve vos amosaremos o programa definitivo.
ENTIDADES ORGANIZADORAS:
Arqfem: Arqueoloxía feminista
CONSILIENCIA
Sincrisis. Investigación en Formas Culturais
ENTIDADES COLABORADORAS:
Consello da Cultura Galega
Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela
Consello Galego de Museos.