top of page
Rebeca Blanco Rotea

Ciclo Seíam'eu... en San Simón. A cultura medieval á luz das novas tecnoloxías (Illa de San Simó


Síncrisis participa neste ciclo coa ponencia "Unha reinterpretación das igrexas altomedievais galegas a partir de novas perspectivas metodolóxicas. Arquitectura, paisaxe e sociedade", asinada por Rebeca Blanco-Rotea e Jose Carlos Sánchez Pardo.

O ciclo Seíam'eu... en San Simón escolleu como sede un emblemático ‘lugar de memoria’ construído como tal dende os albores da nosa cultura e centrarase en dúas liñas de traballo principais: a cultura medieval, evocada por Mendiño, o cantor da illa, e a memoria da emigración e do exilio, que deixou fonda pegada en San Simón e na súa contorna.

Consonte esta dupla vocación, nesta primeira xeira o simposio ten como obxectivo avaliar a contribución das chamadas ‘humanidades dixitais’ ao mellor coñecemento e divulgación da cultura medieval, nas súas diferentes facetas, da música á literatura, pasando polo patrimonio. Especialistas destas materias reúnense en San Simón para poñer en común as súas experiencias no uso desas ferramentas que abren posibilidades extraordinarias, non só para os avances científicos senón para a democratización do coñecemento e o gozo dos nosos bens culturais. Reflexionarase logo sobre os desafíos que supón divulgar hoxe a música medieval, ou editar os cancioneiros, pero tamén contemplaremos cunha nova ollada algúns tesouros do noso patrimonio material, das igrexas altomedievais ao recentemente restaurado Pórtico da Gloria.

  • Haberá un servizo de transporte marítimo para acceder á Illa que sairá ás 10:00 horas dende un peirao aínda por determinar en función das mareas. Informarase do lugar de partida ás persoas inscritas días antes da celebración do encontro. Ao remate da xornada (arredor das 19:00 horas) haberá un servizo de regreso.

  • Haberá un xantar na Illa para todas as persoas asistentes á xornada.

  • Está previsto un servizo de transporte ao remate da sesión da mañá e antes do inicio da xornada da tarde para aquelas persoas que o precisen e así o demanden.

Eiquí podedes aceder a tóda-la información desta actividade coordinada polo Concello de Redondela e o Consello da Cultura Galega, na que vos teredes que inscribir gratuitamente.

13 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page