top of page
Rebeca Blanco Rotea

Encontro Monográfico co Patrimonio Cultural: INSITU.CONXUNTOS HISTÓRICO. O Casco Vello de Vigo. A me


Encontro Monográfico co Patrimonio Cultural, coordinado e presentado por Rebeca Blanco-Rotea e Teresa Nieto

O CASCO VELLO DE VIGO. A MEMORIA, A RELACIÓN COA CIDADE E AS INTERVENCIÓNS PÚBLICAS NA REXENERACIÓN URBANA

Martes, 25 de setembro ás 17:00 horas

Casa da Cultura (Vigo)

Comezámo-lo curso, e con el retomamos os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural (EMPC). Como xa vimos anunciando, poñemos en marcha dentro destes o programa "IN SITU", co que pretendemos crear outros lugares de reflexión fóra do habitual espazo dos Encontros, trasladando o debate ao contexto xeográfico e social dos bens nos que se focalice cada xornada.

Este programa leva como título "IN SITU. CONXUNTOS HISTÓRICOS" e pretende mostrar a diversidade das situacións nas que se atopan os conxuntos históricos e introducir os múltiples e complexos aspectos do debate arredor da protección patrimonial dos mesmos.

O primeiro deles centrarase na cidade de Vigo e terá lugar na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2). Animádevos a acompañarmos nesta nova andaina! Podedes inscribirvos aquí.

11 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page