Durante o mes de xullo a nosa compañeira Rebeca Blanco-Rotea está a intervir como directora científica nunha serie de traballos arqueolóxicos que se desenvolven no Forte de Bragandelo (Extremo, Arcos de Valdevez) e no seu entorno. As actuacións enmárcase, por unha parte, no seu PIPA (Projeto de investigação plurianual de arqueologia) “Paisagens culturais de fronteira. Arquitetura, território, arqueologia. PAIX 2018-2019” que desenvolveu na Unidade de Arqueologia da Universidade do Minho (UAUM) no contexto do seu contrato posdoutoral coa Univerdidade de Santiago de Compostela. E, por outra, no contexto do “Projecto de Conservação, Estudo, Valorização e Divulgação dos Fortes de Bragandelo e Pereira, Arcos de Valdevez”, soportado por un protocolo de colaboración a Câmara Municipal de Arcos de Valdevez/CMAV e a Universidade do Minho, a través da UAUM. Estos traballos están coordinados científicamente polo Dr. Luís Fernando Oliveira Fontes, director da UAUM.
Dentro do proxecto “Conservação, Estudo, Valorização e Divulgação dos Fortes de Extremo” contémplase para este ano a realización dun levantamento dos mesmos, de sondaxes de diagnóstico no Forte de Bragandelo, prospeccións arqueolóxicas sistemáticas extensivas e intensivas na área circundante dos fortes e, sobre todo, na vertente este do Cotão, na Serra da Boalhosa, e na vertente oeste da Lagoa de Cima e Bossaqueira, na Serra da Peneda, lugares onde tiveron lugar varias batalhas entre os exércitos portugués e espanhol entre 1658 e 1662.
Os trabalhos arqueolóxicos teñen catro obxectivos específicos:
1 – Identificar as características morfolóxicas e funcionais dos fortes de Extremo (denominados de Bragandelo e da Pereira), así como definir a esfera de construción inicial e de ocupacion cronolóxica.
2 – Avaliar o potencial arqueolóxico do Forte de Bragandelo, as técnicas construtivas utilizadas nos seus muros e o estado de conservação das suas estruturas.
3 – Estudar o territorio envolvente dos fortes da Idade Moderna, através de prospeccións extensivas e intensivas, orientadas á identificación de aspetos relacionados coa configuracoion do territorio, a localización deste tipo de estruturas e a relación coa mobilidade e a visibilidade, así como posibles elementos da cultura material xerados como consecuencia das batalhas e da construción dos fortes.
4 – Caracterización da paisaxe fortificada no corredor que comunica a Praça Forte de Monção coa vila de Arcos de Valdevez en época moderna.
Máis información nos enlaces: