CALL FOR PAPERS PARA ESTUDANTES DE DOUTORAMENTO: Congreso O Priscilianismo e Gallaecia: Arqueoloxía


Publicamos de novo este post, con algunhas modificacións sustanciais sobre o procedemento de inscrición.

ESTRUTURA:

Tres liñas de traballo:

1) O arraigamento do priscilianismo e a reacción antipriscilianista.

2) O papel dos bispos na difusión do cristianismo na Gallaecia.

3) Arqueoloxía urbana, villae, comercio.

En cada unha destas liñas de traballo haberá intervencións de trinta minutos e outras máis breves (15 minutos), pensadas especialmente para doutorandos.

PRAZOS:

Quen estea interesado/a en participar nas sesións dos doutorandos/as deberán enviar a seguinte información:

  1. título da aportación

  2. resumo (unhas 300 palabras),

  3. nome/s do/as autor/as,

  4. institución á pertence/n,

  5. correo electrónico do autor/a de correspondenza,

  6. teléfono do/a autor/a de correspondenza,

a través deste enlace, antes do 30 de abril.

As propostas serán valoradas e, no seu caso, aceptadas, polo comité organizador.

IDIOMAS:

Os idiomas do congreso serán o galego, castelán, portugués, inglés, francés e italiano.

COMITÉ ORGANIZADOR:

WEB DO CONGRESO:

https://www.gruposincrisis.com/congresopriscilianismoegallaecia

Coa colaboración de:

#congresos #conferencia #póster #papers #Prisciliano #Gallaecia #arqueoloxía #textos #priscilianismo