top of page
Rebeca Blanco Rotea

Encontro Monográfico co Patrimonio Cultural 16: Castro de San Lourenzo. San Pedro de Cereixa (A Pobr


Encontro Monográfico co Patrimonio Cultural 16, coordinado e presentado por Rebeca Blanco-Rotea.

CASTRO DE SAN LOURENZO. SAN PEDRO DE CEREIXA (A POBRA DE BROLLÓN)

Martes, 30 de xaneiro ás 17:00 horas

Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela)

O castro San Lourenzo, situado na parroquia de San Pedro de Cereixa (A Pobra do Brollón, Lugo), é un poboado fortificado ergueito entre os séculos I-II da nosa era para albergar os traballadores nas explotacións auríferas da bisbarra, que probablemente estivo vencellado tamén á metalurxia do ferro. En época altomedieval a poboación labrega de Cereixa construíu unha ermida na honra de San Lourenzo, que foi rehabilitada en 1876, para caer despois no abandono. Entre 1960-1970 a ladeira suroeste do castro viuse afectada por unha explotación de grava e area.

En 2016 a Asociación de Veciños María Castaña, da parroquia de San Pedro de Cereixa, e o Concello da Pobra do Brollón interesáronse na súa recuperación patrimonial, da que xurdiu unha primeira intervención arqueolóxica coparticipada pola comunidade local de Cereixa, o Grupo de Investigación en Patrimonio Construído da Universidade do País Vasco, do Instituto de Ciencias do Patrimonio (CSIC), o Concello da Pobra do Brollón e a Fundación Abanca. No ano 2017 leváronse a cabo dúas novas intervencións, a última realizada grazas a unha subvención de AGADER.

Os resultados destas intervencións amosan a extrema complexidade dun sitio arqueolóxico que experimentou sucesivas ocupacións e reocupacións ao longo de practicamente 2000 anos. Os investigadores mostrarannos os primeiros resultados, obtidos grazas a un proxecto que xorde fundamentalmente da iniciativa da comunidade local, onde a colaboración entre diferentes equipos e entidades se torna fundamental.

O Encontro está organizado pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega.

PROGRAMA

17:00 horas Presentación Rebeca Banco-Rotea

17:15 horas Nas orixes da Ribeira Sacra: os misterios arqueolóxicos do castro de San Lourenzo Xurxo M. Ayán Vila

17:45 horas Polasterras de María Castaña:socialización do patrimonio do castro de San Lourenzo Xosé Gago García-Brabo

18:15 horas Debate-coloquio

Podes consultar o PROGRAMA.

Nesta ligazón podes facer a túa SOLICITUDE DE INSCRICIÓN.

23 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page