Ortigueira Arqueolóxica 2017: Arqueoloxía entre fronteiras: Galicia e Asturias (20 xaneiro 2018)


O vindeiro sábado, 20 de xaneiro de 2018, celebrarase unha xornada de conferencias arredor do tema "Arqueoloxía entre fronteiras: Galicia e Asturias", enmarcada na actividade Ortigueira Arqueolóxica 2017. Estas conferencias terán lugar nas dependencias do Concello de Ortigueira (Rúa do Príncipe, 2, 15330 Ortigueira), a partir das 11:00h. O acceso é gratuito e será emitido un certificado de asistencia en caso de ser solicitado.

Con esta iniciativa, os coordinadores Pilar Prieto Martínez, Javier González García e Marco García Quintela, pretendemos afondar en cuestións arqueolóxicas, no só da zona de Ortigueira, senon tamén de Galicia e Asturias.

PROGRAMA:

11:00 - 12:15h Patricia Mañana Borrazás. Dimenso. Forno dos Mouros 4 y 5 y el fenómeno tumular en Ortigueira. 12:15 - 13:30h José Avelino Gutiérrez González. Universidad de Oviedo. La formación del poblamiento medieval en Asturias. 16:00 - 17:15h Ánguel Villa Valdés. Museo Arqueológico de Asturias. La Edad del Hierro y temprana romanización en tierra de los galaicos lucenses orientales. 17:15 - 18:30 Marco García Quintela. SÍNCRISIS-USC. Las saunas galaicas.

Se trata dunha xornada en colaboración co Concello de Ortigueira e organizada polo Grupo de Investigación Síncrisis, da Universidade de Santiago de Compostela.

#arqueoloxía #Asturias #Galicia #Ortigueira #historia #conferencia