top of page

Ortigueira Arqueolóxica 2017: A paisaxe arquelóxica de Ortigueira (9 decembro)


O vindeiro sábado, 9 de decembro de 2017, celebrarase unha xornada de conferencias arredor do tema "A paisaxe arquelóxica de Ortigueira", enmarcada na actividade Ortigueira Arqueolóxica 2017. Estas conferencias terán lugar no Teatro de Beneficencia de Ortigueira (Rúa do Príncipe, 2, 15330 Ortigueira), a partir das 11:00h. O acceso é gratuito e será emitido un certificado de asistencia en caso de ser solicitado.

Con esta iniciativa, os coordinadores Pilar Prieto Martínez, Javier González García e Marco García Quintela, pretendemos afondar en cuestións arqueolóxicas, no só da zona de Ortigueira, senon tamén de Galicia e Asturias.

PROGRAMA:

11:00 - 12:15h Lois Armada Pita. Incipit-CSIC. De ouros e bronces: achegas á metalurxia protohistórica do Ortegal. 12:15 - 13:30h César Parcero Oubiña. Incipit-CSIC. Punta dos Prados e o mundo castrexo do Noroeste: unha ollada 15 anos despois das últimas excavacións. 16:00 - 17:15h Javier González García. Síncrisis-USC. Releyendo a Maciñeira: Ortegal y Bares ¿cabo de los ártabros y puerto de los ártabros? 17:15 - 18:30 Carlos Otero Vilariño. Na busca do Mar. O Camiño dos Arrieiros.

Se trata dunha xornada financiada polo Concello de Ortigueira e organizada polo Grupo de Investigación Síncrisis, da Universidade de Santiago de Compostela.

211 visualizaciones0 comentarios
bottom of page