top of page

Call for papers: Número monográfico da revista SÉMATA (Transdisciplinariedade para un Futuro Respons


1. Título

Transdisciplinariedade para un Futuro Responsable. Bioeconomía e Memoria dos Territorios

2. Editores

Eduardo Corbelle Rico [eduardo.corbelle@usc.es] Marco V. García Quintela [marco.garcia.quintela@usc.es] María Loureiro García [maria.loureiro@usc.es]

3. Proposta

O futuro do Planeta e da Humanidade está directamente relacionado coa capacidade para garantir unhas condicións sustentables. De garantir a transición material dunha economía baseada en recursos finitos e contaminantes a outra baseada na natureza atende a Bioconomía, como unha proposta aberta que traballe na innovación ao servizo da sustentablidade. Unha proposta que require para ser formulada e construída de moitas compoñentes transdisciplinares, que xa veñen sendo desenvolvidas dende hai dúas décadas no ámbito da agroecoloxía, por exemplo.

É nese ámbito no que se formula esta proposta, que debe ter en conta as identidades, as comunidades, as persoas, as culturas, as memorias, a historia, o patrimonio, a enxeñería, ou a economía, a analizar dende enfoques e metodoloxías diferentes pero converxentes, que nos permitan, indagar, coñecer e medir as actividades que se desenvolven e afectan ao territorio, as persoas que o ocupan, a forma que teñen de organizalo e gobernalo, tendo ademais en conta a dependencia da traxectoria, co obxectivo de contribuír a deseñar as solucións para un futuro sustentable.

Para este número de Sémata queremos facer un exercicio práctico de transdisciplinariedade enfocado a ensaiar a análise dende moi diferentes enfoques dun problema: o manexo dun territorio periférico -económica e politicamente- na actualidade, situado nunha rexión europea de antiga ocupación e nas rotas de comunicación transatlántica dos últimos tres mil anos, sendo importante unha perspectiva comparada entre diversos territorios con situacións semellantes. A pregunta de investigación é ¿como contribuír a comprender mellor a relación entre a calidade de vida nas comunidades nos seus territorios? Un territorio no que domina o desequilibrio, o abandono, o avellentamento, a desocupación e a falta de aproveitamento dos amplos recursos naturais, culturais e patrimoniais que poden servir para a procura de solucións tendo en conta o coñecemento dos problemas e as posibilidades de innovación que poden deseñarse coas ferramentas actualmente dispoñibles.

O número organízase en dous bloques:

  1. Coñecemento e diagnóstico das dificultades e capacidades do territorio como espazo social: regresión demográfica, despoboamento, concentración urbana e suburbanización difusa, abandono rural e incendios forestais, desequilibrios internos e constitución dun eixo costeiro norte-sur poderoso, lonxitude de costas, vantaxes das rías e contaminación, desagrarización, emerxencia dunha economía rural complexa e especialización espacial produtiva, redución das distancias e disfuncións na organización administrativa e política do territorio, difusión turística, densidade patrimonial e potencial de innovación cultural; perdas e fortalezas de identidade e cohesión social

  2. Indagación e avaliación de propostas e solucións aplicadas no marco da Bioeconomía. Identificando recoñecidas capacidades sociais e produtivas que hoxe poden converterse en vantaxes comparativas (manexo do territorio para agricultura orgánica, xestión social dos montes veciñais,...) e favorecendo as actitudes emprendedoras e as iniciativas ecoinnovadoras con arraigada base social e cultural.

4. Artigos solicitados

Pretendemos obter un conxunto de artigos que incidan de maneira plural en cinco grandes áreas de investigación

1. Economía, territorio e emprendemento.

2. Poboación e proceso demográfico.

3 Bioeconomía, recursos naturais e agroecoloxía.

4. Xestión innovadora dos recursos patrimoniais e culturais.

5. Comunidades, políticas públicas e gobernanza do territorio.

Dentro de cada área, as propostas orientaranse segundo os dous bloques indicados, o primeiro máis histórico o segundo tendente a prospectiva.

En todos os casos, primaranse traballos que aporten olladas transdiciplinares e unha ambición explicativa sintética en torno o tema proposto.

5. Prazos e cuestións prácticas

As propostas de artigos deberanse enviar a Eduardo Corbelle Rico eduardo.corbelle@usc.es antes do día 31 de xaneiro de 2018 en forma de resumo de 300 palabras en calquera das linguas aceptadas na revista Semata.

Unha vez aceptadas as propostas os editores comunicarán os autores as normas editoriais. Debe contarse que os traballos non deberán exceder as 8000 palabras e o texto final deberá entregarse con data límite o 30 de xuño 2018 para que o número poida estar rematado cara o fin de 2018.

6. A revista Sémata

[GALEGO]

Sémata é unha revista interdisciplinar, de periodicidade anual, que publica traballos orixinais de investigación nos campos das Ciencias Sociais e Humanas. Os números teñen carácter monográfico e rotatorio entre as áreas de Xeografía, Historia e Historia da Arte. Sémata está indexada en: ERIH PLUS, PASCAL, Fuente Académica Plus, CIRBIC, DIALNET, DICE, LATINDEX, ISOC, Modernitas Citas, REBIUN, RESH, Ulrich’s Directory, MIAR, REDIB. O índice de impacto en Humanidades: 4.380 (MIAR); o de difusión internacional: 10.5% (DICE); categoría B (ANEP); cumpre 32 dos 33 criterios LATINDEX. O portal de Sémata publícase en galego, español e inglés; as linguas de publicación son galego, portugués, catalán, español, francés, inglés, alemán e italiano.

URL http://www.usc.es/revistas/index.php/semata/index

[CASTELLANO]

Sémata es una revista interdisciplinar, de periodicidad anual, que publica trabajos originales de investigación sobre cualquiera de las especialidades relativas al campo de las Ciencias Sociales y las Humanidades. Los números de la revista tienen un carácter monográfico y rotatorio entre las áreas de Geografía, Historia e Historia del Arte. La revista se encuentra indexada en las siguientes bases de datos: ERIH PLUS, PASCAL, Fuente Académica Plus, CIRBIC, DIALNET, DICE, LATINDEX, ISOC, Modernitas Citas, REBIUN, RESH, Ulrich’s Directory, MIAR, REDIB. Cuenta con un índice de impacto en Humanidades de 4.380 (MIAR), una valoración de difusión internacional del 10.5% (DICE), la categoría B (ANEP) y cumple 32 de los 33 criterios de LATINDEX. El portal de Sémata se publica en gallego, español e inglés; las lenguas de publicación son el gallego, portugués, catalán, español, francés, inglés, alemán e italiano.

URL http://www.usc.es/revistas/index.php/semata/index

[ENGLISH]

Sémata is an annually and interdisciplinary journal. The numbers are themed volumes about different areas of social and human sciences. The journal is indexed in ERIH PLUS, PASCAL, Fuente Académica Plus, CIRBIC, DIALNET, DICE, LATINDEX, ISOC, Modernitas Citas, REBIUN, RESH, Ulrich’s Directory, MIAR and REDIB. Impact factor for Humanities journals: 4.380 (MIAR); international dissemination (DICE): 10.5%, ANEP category: B, and LATINDEX standards: 32/33. The digital portal of Sémata appears in Galician, Spanish and English; the languages of publication are the Galician, Portuguese, Catalan, Spanish, French, English, German and Italian.

URL http://www.usc.es/revistas/index.php/semata/index

236 visualizaciones0 comentarios
bottom of page