Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural. A restauración do campanario de San Martiño Pinario.


O próximo xoves, 30 de marzo de 2017, terá lugar este Encontro Monográfico do CCG, coordinado por Rebeca Blanco Rotea.

O evento se celebrará no Pazo de Raxoi, 2º andar.

PROGRAMA

16:30 horas: Presentación

16:45 horas: O proxecto, dirección de obra e memoria da restauración-conservación crítica do campanario de San Martiño Pinario. Iago Seara

17:30 horas: A valoración patrimonial dos resultados na conservación-restauración do campanario de San Martiño Pinario. Manuel Chaín

18:00 horas: Reflexións sobre a necesidade de deconstruír historicamente as fábricas antes de intervila e durante os procesos de obra. Rebeca Blanco-Rotea

18:30 horas: Pausa

18:50 horas: Debate. Criterios e metodoloxía na intervención en fábricas arquitectónicas

A inscrición é gratuíta. O número de prazas é limitado (100 persoas). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada. Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

Máis información eiquí.

#ConsellodaCulturaGalega #patrimonio #historia