Presentación do libro "Chaves e as suas fortificações"


O pasado xoves 1 de decembro, a nosa compañeira Rebeca Blanco-Rotea asistíu á presentación do libro "Chaves e as suas fortificações" de Paulo Dordio, invitada pola Câmara Municipal de Chaves e polo autor do mesmo. Ao día seguinte efectuouse unha visita guiada ao Castelo de Monforte Río Livre, na que os distintos invitados á presentación e posterior coloquio-debate así como outros veciños participantes na mesma, puideron analizar in situ o estado de conservación do castelo, a súa relación coa paisaxe e coa propia vila de Chaves. Neste lugar, a Direção Regional de Cultura do Norte (DRCN) ten previstro levar a cabo bno próximo ano un proxecto de intervención na torre de homenaxe. A visita foi documentada polo canal local SinalTV e neste enlace pódese ver parte da mesma:

{ enlace }

#divulgación