top of page

Curtametraxe "O castelo da froita"


FICHA

Dirección e guión:

Sara Traba

Fotografía:

Daniel Lema, Sergio Boado e Sara Traba

Montaxe:

Sara Traba

Voz en off:

Rebeca Blanco Rotea

SINOPSE

Na Guarda, os veciños que conviven oa Fortaleza de Santa Cruz, popularmente Caselo de Santa Cruz, fálanos da súa relación con este ben patrimonial. Recordos, vivencias, opinións sobre a súa rehabilitación… O Castelo da Froita fala do “patrimonio emocional vivo”.

Hoxe aprobáronse as curtas que participarán no I Festival de Curtametraxes sobre o Patrimonio Arqueolóxico da Provincia de Pontevedra Telearqueoloxía 2016, entre as que se atopa "O caselo da froita".

A nosa compañeira Rebeca Blanco-Rotea participou aportanto a voz en off e as reflexións sobre os comentarios que as personaxes fan sobre un castelo. A cinta está baseada nun lugar no que leva tempo traballando e sobre o que hai pouco comisariou unha exposición. Non é unha curta ao uso a modo de documental sobre arqueoloxía, senón sobre os sentimentos, recordos e reflexións da xente guardesa acerca dun patrimonio da súa vila.

A directora é Sara Traba Rotea. Sara é historiadora da arte e guionista e directora de cine.

Neste lugar tedes información sobre o festival, en breve abrirase a web para visionalos e votar: { enlace }


50 visualizaciones0 comentarios
bottom of page